Esp | Gal | Eng

INNOVACIÓN

Sistemas de refrixeración cas últimas tecnoloxías

CALIDADE

Riguroso control no desempeño do noso traballo e materiais utilizados

COMPETITIVIDADE

Xeración de confianza como base do noso negocio

COMPROMISO

Xestión ambiental e eficiencia enerxética

SEGURIDADE

Sistema de entorno de traballo saudable

Coñécenos

CLIMAFRIO

CLIMAFRIO comeza a súa actividade empresarial no ano 1988 constituida como sociedade civil e co obxecto de cubrir as necesidades de asistencia técnica no sector do frio industrial e naval, sendo a 1ª empresa do sector que se establece con sede en Riveira e operando no eido comarcal, potenciando a nosa presenza no porto de Riveira dando servizo á flota pesqueira, pero tamén presentes no frío industrial: fábricas de conservas, frigoríficos conxeladores, supermercados, sector do bacallao, sector lácteo, etc.

A comezos dos anos 90 e coincidindo ca modernización da flota pesqueira, comezamos facendo as nosas propias montaxes de instalacións frigoríficas a bordo de buques pesqueiros, incluso de fábricas de xeo a bordo dos mesmos.

Grazas á nosa presenza na feira World Fishing Vigo nos anos 1997 e 2003, conseguimos un grande empuxe cara a novos mercados tanto no eido nacional como internacional, comezando a facer traballos sobre todo en Portugal. Asemade, comezamos a traballar en novos estaleiros, tanto na reparación como nas novas instalacións en buques novos.

Dicir que os propios armadores e clientes son quenes nos avalan e recomendan neste sector da construcción naval.

Xa a finais dos anos 90, comezos do 2000, tamén participamos de cheo na reconversión da flota pesqueira de fresco a conxelado, renovando prácticamente a totalidade dos barcos do porto de Riveira pero tamén noutros portos tales como A Guarda, Burela, Celeiro, Vigo... e incluso Portugal.

En todo este proceso do sector pesqueiro e naval, a nosa empresa arrastrada pola propia flota, chega a participar en feiras de pesca internacionais como en Agadir (Marrocos) nos anos 2003 e 2005, conseguindo executar operacións para ese país en canto a montaxes de instalacións frigoríficas, fábricas de xeo...

Xa consolidados no sector pesqueiro e naval, a mediados da década 2000-2010 damos un salto cualitativo potenciando novos proxectos para a climatización de grandes buques de clase remolcadores, cargueiros, oceanográficos, pasaxe, etc.

Na actualidade, sempre atendendo a demanda de frio industrial tanto no eido terrestre mediante instalacións e montaxes de plantas frigoríficas para a industria do procesado, conxelado e distribución de conxelado, así como instalacións frigoríficas para matadoiros (matadoiro comarcal de Riveira); como no eido do sector naval, CLIMAFRIO consolidase como empresa de referencia a nivel nacional no frio industrial e climatización.

O éxito do noso negocio foi acadado grazas ó empeño, lealtade e profesionalidade de todo o noso equipo. Os nosos recursos humanos, equipo directivo, técnico e administrativo ofreceron e ofrecen a mellor calidade de servizo ós nosos clientes.


Servizos

As nosas actividades

FRÍO INDUSTRIAL

Montaxes e instalacións frigoríficas para cámaras de conxelado, cámaras de fresco, fábricas de xeo, enfriadoras de auga, túneles e armarios de conxelación.

FRÍO NAVAL

Montaxes frigoríficos en buques conxeladores. Sistemas de refrixeración para enfriamento de auga e fabricación de xeo; unidades enfriadoras de tipo chiller, tanto para enfriamento de auga en buques de pesca como para o enfriamento de auga para a climatización de grandes buques.

XERADORES DE XEO

Suministro e instalación de toda clase de fábricas de xeo; en gama industrial con xeradores de ata 24 T con refrixerante R404/507 ou NH3; e en pequenas producións con xeradores horizontais de ata 2300 kg/día.

AIRE ACONDICONADO, CLIMATIZACIÓN E VENTILACIÓN

Fabricación a medida e montaxe de toda clase de conductos, tanto circulares coma rectangulares. Difusores de aire en caixas con silenciadores e regulación de caudal automático ou manual. Unidades de tratamento e climatización de aire con ou sen recuperadores entálpicos rotativos ou estáticos.

SERVIZO DE MANTEMENTO E AVARÍAS

Apostamos pola implantación do noso sistema de control, mantemento e seguemento nas instalacións, sistemas frigoríficos e aire acondicionado dos nosos clientes, conseguindo reducir ou prácticamente eliminar as avarías provocadas pola falla de previsión, mantemento ou polo desgaste no sistema. Tamén ofrecemos opcionalmente un servizo de reparación de avarías, reformas ou modificación nas propias instalacións e con capacidade de actuación dos nosos técnicos en calqueira punto do mundo.

PROXECTOS REALIZADOS EN BUQUES

Instalacións de aire acondicionado, climatización, tratamento de aire e ventilación en toda clase de buques; remolcadores de porto, remolcadores de apoio a plataformas, remolcadores de altura, suppliers, buques anticontaminación, buques de carga, buques oceanográficos e de investigación, buques escola e buques pesqueiros.


O NOSO ALCANCE MUNDIAL ACTUAL:

SUDAMÉRICA: Brasil, Arxentina, Uruguai, México e Perú.
ÁFRICA: Marrocos, Mauritania, Cabo Verde, Angola, Namibia e Mauricio.
EUROPA: Holanda, Alemaña, Italia, Francia e Portugal. Illas Canarias, Illas Azores, Illa da Madeira.

Certificacións

Sistemas de xestión

Certificación ISO 9001

SISTEMA DE XESTIÓN ISO 9001:2008

Este sistema implantouse na empresa no ano 2003, e cubre tódolos aspectos en canto ó funcionamiento do noso negocio. Melloramos na calidade de:

· Os nosos servizos e reparacións
· O proceso de pedidos
· Controis operacionais
· Atención ó cliente.

O sistema de Calidade compróbase regularmente ca finalidade de manter os altos estándares cos que tódolos empregados de CLIMAFRIO estamos comprometidos.


Certificación ISO 14001

SISTEMA DE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL ISO 14001:2004

Implantamos este sistema no ano 2009, reforzando a nosa actitude fronte ós impactos medioambientais: prevención da contaminación, optimización de recursos naturais esgotables, reutilización de residuos inertes, xestión doutros residuos...

A nosa aposta firme en I+D, mediante a modernización e o aproveitamento eficiente das enerxías, fai que consigamos os mellores coeficientes de aforro enerxético e consolidemos ano tras ano o noso compromiso co medio ambiente.


Certificación OHSAS 18001

SISTEMA DE XESTIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE OCUPACIONAL OHSAS 18001

No noso afán por manter a seguridade e a saúde do noso persoal, implantamos recentemente na nosa empresa este sistema de seguridade e saúde ocupacional, ca finalidade de eliminar ou minimizar os riscos para os empregados e outras partes interesadas que poidan verse expostos ós perigos de SeSO asociados ca nosa actividade e realizar, polo tanto, unha mellora continua no seu desempeño.

Contacto

Oficinas, talleres e almacén:

Rúa Deán Pequeno, 113
Polígono Industrial de Xarás
15968 Riveira (A Coruña)
Galicia - España

Teléfono: 00 34 981 872 707

Correo electrónico:
· Dept. Comercial:  comercial@climafrio.gal
· Dept. Administrativo:  administracion@climafrio.gal
· Dept. Técnico:  tecnica@climafrio.gal
· Dept. Proxectos:  proyectos@climafrio.gal
· Dept. Calidade:  calidad@climafrio.gal

Horario de atención ó cliente: De 08:30 a 19:00 de maneira ininterrompida.